Proposta para a LGBTIQ+fobia
Esta actividade está parcialmente copiada da páxina de STG:
Proxección da curtametraxe "Levántate":
Obxectivos:
1. Ser capaz de recoñecer as distintas formas de intolerancia e lgtbfobia na vida e no contorno de cada quen.
2. Ser capaz de recoñecer as motivacións persoais que levan a accións discriminatorias.
3. Ser capaz de identificar a importancia da responsabilidade persoal fronte ao grupo ou á sociedade no seu conxunto.
4. Ser capaz de identificar habilidades construtivas e comunicativas ou estratexias que poidan contrarrestar de forma eficaz as tendencias discriminatorias.
ACTIVIDADE Nº1
Tempo aprox.: 30 min.
1. Proxectar a curta “Levántate” ata o minuto 2.27 (ao dicir “¿Non che colleu ninguén a man hoxe?”). 2. Iniciar a reflexión sobre o que viron na curta, se lles parece unha situación real, sobre os sentimentos dos protagonistas, por que razón se discrimina... Despois dun momento de reflexión, pídeselles que imaxinen que ocorre iso no seu centro/ escola… Que acontecería despois?; se estivesen alí, que farían elas/eles?, está nas súas mans cambiar o final da historia?, como se sentirían se lle ocorrese ao seu mellor amigo/a, a un/ha irmán/á?...
3. Pór o final da curta e pedir que, cunha soa palabra, definan o que pasou.
ACTIVIDADE Nº 2
1. Ver o videoclip "Normal es un programa de mi lavadora"
2. Analizar que cuestións se mencionan na canción como exemplo do "normal".
3. Opinión/conclusión sobre a mensaxe da canción.