Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

NORABOA AOS ALUMNOS QUE GAÑARON O DESEÑO DO LOGO OFICIAL DO ERASMUS+

 

O logo gañador que pasará a ser o logo oficial do Erasmus+ "Unha viaxe no tempo" foi realizado polos alumnos de 4º da ESO, José María Andrade Balboa e José Manuel Rodríguez Sanlés. Noraboa a vós os dous e tamén a todo o alumnado das catro cidades que participaron neste concurso. Grazas pola vosa participación e ilusión postas nesta actividade.

O logo é un reloxo que representa o paso do tempo aludindo ó título do proxecto. No interior vemos un mapa de Europa no que aparecen catro estrelas recordando ás catro cidades participantes que son Córdoba, Lisboa, Calenzano e Ribeira. No fondo do logo aparece o título do Erasmus+ en inglés, idioma oficial do noso proxecto e tamén dous pinceis que fan alusión ás acuarelas do pintor Baldi, quen acompañou a Cosme III de Medici na viaxe dende Florencia a Santiago de Compostela en 1669. 

O segundo logo que recibiu máis votos no concurso final foi tamén realizado pola alumna do noso centro, Xiana Pego Ageitos de 1º da ESO. Noraboa!! 

Esta é a acta na que aparacen os resultados finais da votación que foi supervisada polo equipo de Córdoba:

 

 

 

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut