Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

CUARTA SESIÓN DO TALLER DE MATEMÁTICAS. SOMOS ÁUREOS?

O número áureo, Φ (1.618033988...), aparece repetidamente no mundo que nos rodea, na natureza, nas proporcións dos corpos dos seres vivos, na forma de distribuírse follas e flores no talo das plantas, e logo en moitas obras da man do home. Utilizouse como elemento de deseño en construcións arquitectónicas tan antigas como a pirámide de Keops, sempre co propósito de crear beleza, harmonía e perfección.

Atopáronse relacións áureas entre distintas partes do corpo humano. Por exemplo é, aproximadamente, a relación que hai entre a altura dunha persoa e a altura á que se atopa o seu embigo. A mesma relación aproximada gardan as nosas extremidades: o xeonllo divide en razón áurea a distancia entre a cadeira e a planta dos pés, e o cóbado divide na mesma razón a distancia entre o ombro e a punta dos dedos cando o brazo está estirado.

 

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut