MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 2: HERTHA MARKS AYRTON
HERTHA MARKS (1854-1923)
A matemática que tratamos hoxe é unha verdadeira descoñecida: foi pioneira nos estudos sobre electricidade así como na defensa da liberdade das mulleres para poder realizar os seus estudos.
Especializouse no arco eléctrico. Hertha Marks ingresou na Institución de Enxeñeiros Eléctricos sendo a primeira muller en conseguilo.