EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA WONENBURGER PLANELLS
Durante esta semana estará á vosa disposición a exposición PREMIOS MARÍA WONENBURGER PLANELLS, dentro do Plan Proxecta Donas de si que se leva a cabo no noso centro.
Estes premios recoñecen o traballo realizado por mulleres científicas galegas, facendo visible a súa contribución ao campo da ciencia e a tecnoloxía. Son outorgados desde o 2007 pola Xunta de Galicia a traves da Unidade de Muller e Ciencia.
Podedes traballar a exposición nas aulas, usando o cuestionario elaborado por nós que está na sala do profesorado.