SEGUNDA SESIÓN DO TALLER DE MATEMÁTICAS: HIPATIA DE ALEXANDRÍA
Onte tratamos a figura de Hipatia de Alexandría.
Nada en Alexandría (Exipto), no ano 370 e finada na mesma vila no 415, foi unha muller científica, filósofa neoplatónica e mestra, que contribuíu ao desenvolvemento das matemáticas e da astronomía da época.
Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto.
A casa de Hipatia foi un lugar de ensino onde ían estudantes de todas partes do mundo coñecido, atraídos pola súa fama. Un dos seus alumnos foi Sinesio de Cirene, bispo de Ptolemaida (en Fenicia), rico e poderoso, que deixou escrita información sobre Hipatia, a súa mestra. Por medio del poden chegar a coñecerse os libros que escribiu para o seu ensino, aínda que non chegaron aos nosos días.
Hipatia era pagá e a súa situación correu perigo nunha cidade cada vez máis cristiá, véndose perseguida como outros neoplatónicos.
En marzo de 415, Hipatia foi asasinada de maneira moi violenta por un grupo de monxes da igrexa de San Cirilo de Xerusalén.