ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024
De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN de 10 de septiembre de 2024, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa, por la que se establece el calendario para la celebración de elecciones de miembros de los consejos escolares de centros docentes sostenidos con fondos públicos (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.
A composición do Consello Escolar do IES Nº1 é a seguinte:
Presidente: Director
Xefa de estudos de diurno.
Xefa de estudos de adultos
Secretaria (con voz, pero sen voto)
1 Representante do Concello
7 representantes do profesorado
4 representantes do alumnado
3 representantes de pais/nais/titores/as legais (dos que 1 corresponde a ANPA)
1 representante do Persoal de Administración e Servizos
Nestas eleccións é preciso renovar os seguintes membros
5 representantes do profesorado
3 representantes do alumnado
2 representantes de pais/nais/titores/as legais
Os censos electorais correspondentes aos sectores do alumnado e pis/nais/titores/as legais poden consultarse no taboleiro de centro, que se atopa no vestíbulo de entrada.