Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

PRESENTACIÓN DO SERVIZO DE MEDIACIÓN EDUCATIVA PARA AS FAMILIAS.

mediacion

Estimadas nais e pais.

No inicio deste novo curso 2024/2025, o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) quere difundir entre as familias o Servizo de Mediación Educativa. O Servizo de Mediación leva funcionando máis de 10 anos e forma parte dunha rede que se ofrece en todos os centros educativos de ensino secundario e FP do Concello de Ribeira cun equipo mediador formado por unha ducia de mediadores/as especializados/as.

Este recurso está destinado a axudar a resolver conflitos entre calquera membro da comunidade do noso centro, sempre dentro do ámbito educativo. Isto é, tanto alumnado, como profesorado ou persoal laboral (pero non pais ou nais). Ten a peculiaridade de que tamén actúa con grupos de persoas ou órganos colexiados como departamentos, titores/as, equipo directivos, grupoaulas, departamentos, etc. É un recurso gratuíto, voluntario e confidencial que pode ser solicitado por calquera persoa a través do Departamento de Orientación, equipo directivo ou o profesorado enlace do servizo no centro (Cristina Andrade e Olegario Sampedro). Un saúdo e bo inicio de curso!



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut