Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ESA: resumo de fin de curso


O calendario de entrega de notas e reclamacións é o seguinte:

Luns, 24 de xuño:

Publicación das notas a través de ABALAR a partir das 23:00 horas en abalarMóbil.

Martes, 25 de xuño:

Entrega de notas en formato papel para aquel alumnado que o solicitase con anterioridade. Estarán dispoñibles en conserxería.

1º día de reclamación ESA. O alumnado poderá falar co profesorado para aclarar calquera dúbida sobre as notas.

Mércores, 26 de xuño:

2º día de reclamación ESA. As reclamacións contra as cualificacións de ESA presentaranse na secretaría dirixidas á dirección debidamente razoadas, antes das 13:00 horas deste mesmo día.

Xoves, 27 de xuño:

Entrega de resolucións de reclamacións. O 27 de xuño de 2024 ás 12:00 horas na secretaría do centro. (Contra a resolución do centro pódese solicitar, por escrito, que o director remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial. O prazo para esa solicitude é de dous días hábiles a partir do día da comunicación sobre a decisión adoptada).



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut