III CERTAME IMAXES DO PATRIMONIO
Fotografía gañadora do noso III CERTAME "IMAXES DO PATRIMONIO" de 2024. A alumna gañadora foi AINOA GONZÁLEZ CAÑESTRO de 2ºESO-A.
Nos vindeiros días entegarémoslle o seu merecido premio e, así mesmo, desde o EDLG do IES Número 1 enviaremos a súa proposta ao concurso galego convocado por PONTE... NAS ONDAS.
DESCRICIÓN DA IMAXE:
Nesta fotografía, tomada no ano 1957, aparece o meu tataravó materno: Rogelio Lijó Martínez, que naceu no ano 1906 e morreu no ano 1974, aos 67 anos de idade.
Rogelio leva unhas boias e uns palangres (unha arte de pesca artesanal) para pescar congros. Estes peixes eran capturados en dornas.
A fotografía foi tomada para o artigo dun xornal sobre esta arte de pesca artesanal, no porto de Castiñeiras (Ribeira).
PARABÉNS AIΝΟΑ!!!
#imaxesdopatrimonio