RECOLLIDA DO EQUIPAMENTO E-DIXGAL PARA O ALUMNADO DE 2º DA ESO QUE PROMOCIONA A 3º DA ESO
Con respecto á recollida do equipamento Edixgal do alumnado do centro, comunícase que:
1. O alumnado que estea cursando 1º da ESO precisará o equipamento en 2º da ESO (tamén aquel alumnado que repita 1º ou 2º da ESO) e non terá que entregalo, incorporándose en setembro con el.
2. O luns 17 de xuño procederase á recollida do equipamento Edixgal de todo o alumnado que promocione a 3º da ESO (lémbrase que o alumnado debe gardar nun dispositivo de almacenamento externo todos aqueles arquivos que puidese necesitar). Ese día terán que traer ao centro, á primeira hora da mañá:
- Convertible (por favor, entréguese limpo).
- Cargador.
- Maletín.
3. Revisarase cada equipo, verificando que todo estea correcto.
4. Posteriormente á revisión, o alumnado recibirá o documento de acordo de recollida do equipo, no que aparecerá, de ser o caso, calquera incidencia que se atope no mesmo. É preciso que os pais/nais do alumnado asinen ese documento de devolución o e o traian de volta ao centro á maior brevidade posible. Se algún equipo tivese incidencias, comunicaranse ao Servizo Premium.
5. O responsable Edixgal estará á disposición das familias para resolver calquera dúbida que poida xurdir.
6. No período de vacacións o centro non fai soporte de incidencias. En caso de ter algunha incidencia, as familias poranse en contacto co Servizo Premium da Consellería polos seguintes medios:
- Teléfono: 881 86 99 00
- Enderezo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.gal
No caso de ter que chamar, é importante ter a man o número de serie do equipo.
Este número identificativo poderán atopalo na tapa do convertible nun adhesivo e
comeza por 5CG.
No caso de que se perdera a adhesivo poderán atopalo na parte posterior do portátil (unha
combinación de números e letras que comeza por 5CG).