5 de xuño - Día Mundial do Medio Ambiente
O alumnado do IES Nº1 saíu hoxe a concienciar un pouco máis sobre a importancia de preservar o medio natural.
Co motivo da celebración hoxe, día 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente, adicado este ano á restauración dos solos degradados, saímos a identificar os minerais e as rochas que trala súa erosión, orixinan aos minerais que forman os solos galegos.
Se fai unas semanas entregamos ó Concello os cartaces que amoxan a riqueza e Biodiversidade que alberga o Rego das Saíñas, hoxe saímos a identificar os minerais que hai nas rochas do paseo e na área da Praia de Coroso.
O Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase na restauración das terras, deter a desertificación e fortalecer a resiliencia dos ecosistemas, baixo o lema «As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración».
Non podemos retroceder no tempo, pero si podemos poñer en valor o coñecemento dos bosques, revitalizar os cursos de auga e restaurar os chans.
As próximas semanas levaremos cabo a unha actividade de identificación das árbores do Instituto, que non son poucas, e son moi variadas.
Dar a coñecer os recursos naturais que rodean o noso Instituto, é de vital importancia para levar a bo porto a Educación Ambiental do noso alumnado.