Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Segunda mostraxe no "Proxecto Ríos"

Ao Rego das Saíñas saíu un grupo de 7 alumnos/as cos profesores Manuel Labandeira (Física e Química), Diego Rodriguez (Física e Química), Ana Martínez (Matemáticas), Cándido Dacosta (Matemáticas) e Encarna Mariño (Bioloxía).

Dividimos ao alumnado en dous grupos de alumnos/as. Os dous grupos recolleron macroinvertebrados no río e participaron na recollida de mostras, recoñecemento da contorna, localización e medición de parámetros físico-químicos.

 

Como conclusións máis salientábeis, podemos dicir que:

  • A calidade da auga está entre “aceptable” e “Boa” (xusto no límite).
  • A temperatura da auga e do aire diferéncianse en 1,8º este mes de maio 2024.
  • Os Nitratos atópanse dentro de valores aceptables pola OMS para a calidade da auga.
  • Atopamos menos biodiversidade que nas mostras do ano pasado, primavera de 2023.
  • Os datos de caudal son moi similares nas dúas tomas de mostras, xa que o 28 de novembro de 2022, calculamos un caudal de 117L/seg e o 27 de maio de 2024 calculamos un caudal de 119 L/seg. Nas dúas ocasións despois dun período previo de precipitacións abondosas.
  • Volvemos a atopar anguías, polo que podemos confirmar a súa presenza como habitual.

 

AdxuntoTamaño
Memoria do 2º muestreo no Rego das Saíñas 27-05-24.pdf1.52 MB


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut