Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

A LINGUA GALEGA NAS REDES SOCIAIS

No día de hoxe tivemos o pracer de contar coa presenza de Borxa González, promotor da comunidade @orgullo.galego en redes, para falarnos do "Galego nas redes sociais".

A charla, impartida a alumnado de 4ºESO, comprendía unha introdución ao posicionamento da lingua galega en internet e aos obstáculos engadidos no acceso a contidos en galego na web debidos á configuración dos algoritmos. Obstáculos que actúan como un atranco extra para quen decide crear e divulgar contidos na nosa lingua. Do mesmo xeito, e para dar un contrapunto, repasáronse tamén outra serie de datos moi positivos sobre a posición que ocupa o galego no mundo entre as máis de 6.000 linguas actuáis.

Afondando na materia, Borxa repasaría o uso que facemos das Redes Sociais (e o que fai a rapazada adolescente, especialmente): tanto en tempo de dedicación diario, como tocante aos múltiples perfís cos que contamos en diferentes redes e a como cada aplicación segmenta as persoas usuarias e crea o seu nicho social segundo a idade, o xénero, as preferencias e intereses, as temáticas, o tipo de interaccións etc. Instagram, Tik Tok, Facebook, Twitch, Twitter (agora "X"), YouTube, WhatsApp, BeReal, Reddit, Telegram, Spotify, iVoox, Pinterest, Disccord... Son moitas, evolucionan e cambian co tempo e a estas hai que engadir as xa desaparecidas, ao seren substituídas precisamente por algunha das citadas.

Finalmente, a charla derivou xa cara aos contidos en galego nas RRSS. Primeiro, co visionado de varios vídeos de creadoras e creadores de contido en galego en redes, para todos os gustos e cores. E, segundo, rematando, por suposto, por coñecer un chisco máis a fondo @orgullo.galego e a súa historia.

Moitas grazas polo teu traballo Borxa.

Sen dúbida, é para estar moi “orgulloses”!

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut