Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS - ALUMNADO ADULTO

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional iniciou un procedemento para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Segundo este procedemento:

·  O alumnado que obteña no presente curso 2023-2024 o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ao rematar estas ensinanzas no réxime para persoas adultas, acreditará o nivel de iniciación en competencias dixitais.

·   O alumnado matriculado no módulo 4 de ESA no curso 2023-2024, poderá presentarse a unha proba específica para acreditar o nivel intermedio. A proba terá unha duración de 90 minutos e constará dun total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio das competencias dixitais (12 preguntas por cada área):

1. Información e datos.

2. Comunicación e colaboración.

3. Creación de contidos dixitais.

4. Seguridade e privacidade.

5. Entorno dixital e solución de problemas.

Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70 % do total de preguntas, e cumprirá obter un mínimo do 60 % de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

·   O alumnado que obteña no curso 2023-2024 o título de bacharelato  no réxime para persoas adultas, poderá acreditar o nivel intermedio superando unha proba específica en exclusiva da área de dominio 4 (Seguridade e privacidade). O alumnado deberá responder nun tempo máximo de 20 minutos a un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. A proba específica da área de dominio 4 considerarase superada ao responder correctamente ao 60 % das preguntas.

 

Máis información aquí:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html

 

Na seguinte ligazón pódese realizar unha proba de exemplo:

https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl

 

Inscrición nas probas

As persoas que desexen realizar a proba específica do nivel intermedio (alumnado do módulo 4 de ESA) ou só da área de dominio 4 (alumnado de bacharelato en situación de titular) deberán cubrir a solicitude que se adxunta como anexo I. A solicitude do alumnado menor de idade deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais.

A solicitude deberá ser entregada en Xefatura, sendo a data límite o 16 de maio.

As probas terán lugar no noso IES, nunha aula dotada de postos informáticos individuais. Serán no mes de xuño, na data e hora que nos asignen desde a Consellería (aínda por determinar).

Certificación

O alumnado que acredite un nivel completo de competencia, por titulación, por proba ou combinando unha proba e unha titulación, recibirá unha certificación ComDix, que será emitida de oficio e estará dispoñible na Carpeta cidadá da sede electrónica da Xunta de Galicia de cada alumna ou alumno. Ademais, o alumnado recibirá a certificación a través da aplicación Abalar.

A certificación parcial dun nivel de competencia por áreas de dominio será entregada polo centro ao alumnado.

As certificacións terán unha validez de cinco anos.

AdxuntoTamaño
ANEXO_I_solicitude_incricion_adultos.pdf101.08 KB


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut