FORMACIÓN EN COCIÑA E CATERING
A Asociación Ambar de Ribeira ofrece un curso de formación vinculada ós contidos dos certificados de profesionalidade de Hostalería: Operacións básicas de Cociña (HOTR0108) e Op. básicas de Catering (HOTR0308), que dará comezo o 22 de abril cunha fase teórica que inclúe ademais habilidades prelaborais e transversais (competencias dixitais, sensibilización medioambiental e igualdade).
E tamén contaremos cunha segunda fase con prácticas en empresas ordinaria e coa metodoloxía de ECA (Emprego con Apoio), con acompañamento e seguimento dunha preparadora laboral.
As persoas que realicen a formación contarán cunha beca de asistencia de 9 euros ó día e con servizo de transporte, de precisalo.
Para máis información: Asociación Ambar, curso de cociña e catering