Segunda sesión de formación no centro dentro programa de Polos Creativos: plotter de corte.
Onte tivemos a segunda sesión de formación no centro dentro do programa de Polos Creativos. Nesta docencia a cargo de Anxo Jamardo coñecemos os compoñente do plotter de corte, o seu funcionamento básico e fixemos prácticas con vinilos de diferentes tipo. Dende o 30 de abril ata o 14 de maio imos ter no centro o equipamento prestado polo CAFI para por en práctica todo o aprendido e poder levalo á aula co noso alumnado.
Podedes ver un pequeno short clicando aquí.