Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

III CERTAME "IMAXES DO PATRIMONIO"

Como xa vén sendo costume, desde o EDLG secundamos a iniciativa da Asociación "Ponte... nas ondas", convocando o noso propio certame "Imaxes do patrimonio", que vai pola súa terceira edición.

Para participar neste concurso debes dixitalizar unha fotografía familiar que sexa anterior ao ano 1970 е acompañala da súa propia historia. A explicación do que se observa nesa histórica imaxe pode ser entregada de maneira textual (nun máximo de 250 palabras) ou tamén como un pequeno podcast en documento de audio (máx. 5 minutos, podendo incluír música, entrevistas, etc.).

A data límite de envío da túa fotografía, acompañada do seu texto/audio explicativo, é o vindeiro 30 de maio.

Para enviar os arquivos debes facelo a través da aula virtual Moodle do EDLG, na que está matriculado todo o o alumnado do centro. E se precisas axuda para o proceso de dixitalización e envío pásate polo Parladoiro (aula 211) un xoves no recreo.

As mellores imaxes do noso certame recibirán premio. Pero ademais, tamén entrarán nunha selección para seren enviadas ao certame-marco da nosa proposta: o VII Certame "As imaxes do patrimonio", que ten por obxecto a recollida do patrimonio cultural inmaterial de Galicia e Portugal, convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...Nas Ondas. PREME AQUÍ para saber máis sobre este certame anual e para descargar as bases do concurso.

Se aínda tes dúbidas, pásate polo Parladoiro ou escríbenos a edlg@n1ribeira.net.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut