TALLER DE COCIÑA SAUDABLE
Alumnado do Club de ciencia do IES, acompañados polas profesoras Alba e Encarna, participaron hoxe nun taller de cociña saudable impartido polo profesor co CIFP de Coroso, Manuel Patiño Carou. O taller está enmarcado nas actividades desenvolvidas polo centro dentro do Programa de Innovación Educativa EDUsaúde, e permitiu que o alumnado participase na elaboración dunha Focaccia, unha sopa Minestrone, dourada ao forno e un postre de mazá asada con canela.