REDE DE CAPACITACIÓN DIXITAL
Ven de ser publicada no portal educativo da Xunta de Galicia a resolución da Convocatoria do programa para o mantemento e incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital de Galicia, na que foi seleccionado o noso instituto. Esta resolución establece cales son os centros seleccionados para levar adiante as accións da rede neste ano 2024 e a asignación de fondos que se fai a cada un deles. Todas as actuacións relacionadas coa Rede de Capacitación Dixital poden, polo tanto, poñerse oficialmente en marcha a partires do próximo luns día 4 de marzo.
Poden consultar toda a información na ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42511