Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día de 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado como tal pola ONU no ano 1992. Por esta razón, e dentro das actividades programadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Igualdade, pasouse onte o profesor Francisco Pose, docente de alemán na EOI de Santiago de Compostela, para ofrecernos unha charla interactiva arredor da situación cotiá da diversidade funcional.

Co alumnado de PDC de 3° e 4° da ESO, Fran falou sobre os obstáculos na accesibilidade para as cadeiras de rodas e outras dificultades/exclusións engadidas, así como tamén lles aconsellou sobre unha maior prevención nos comportamentos de risco que asumimos ás veces sen suficiente reflexión, que poden supoñernos accidentes con consecuencias irreversibles. Ademais, o alumnado houbo de pensar tamén en itinerarios polo noso centro e nas dificultades para facer accesibles certos espazos: corredores estreitos, portas imposibles de traspasar, ramplas cunha pendente excesiva, zonas húmidas e esvaradías etc. Mesmo tiveron a oportunidade de probar por elas e eles mesmos unha cadeira de rodas e de meterse así na pel de quen depende dela na súa vida diaria: ramplas, costas ou bordos da beirarrúa xa non semellaban tan sinxelos de superar.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut