CONGRESO FORMATIVO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL
O pasado mércores os nosos compañeiros Alejandro Amor e Olegario Sampedro acudiron á Cidade da Cultura ao Congreso de Convivencia e benestar emocional coma coordinadores desa área no noso centro. Neste congrese compartíronse reflexións e prácticas educativas.
Na ligazón superior esquerda está a disposición de toda a comunidade educativa a Guía para o desenvolvemento do Plan de benestar emocional, no que se dan unhas estratexias para afrontar o reto colectivo do coidado emocional.