Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

EXCURSIÓN AO COUREL CON 1º DA ESO

Tres días incríbeis cargados de bos momentos! O luns visitamos os museos de Quiroga (Etnográfico e Xeolóxico) camiñamos polo val das Mouras, unha paisaxe kárstica de conto chea de covas e vexetación exhuberante. Parada na poza das Mulas para darnos un baño (a auga estaba xeada!) e ver e analizar o bicherío que vive no río Lor.

 

O martes seguimos coñecendo recunchos do Courel. Roteiro polo monte Cido e arredores (asentamentos da época romana, orquídeas, minerais, covas e impresionantes panorámicas do Courel). E pola tarde mina de ouro romana (ruina montium), outra praia no río Lor e fervenza de Rexío.

 

O mércores a chuvia non nos para. Visitamos o Castro da Torre (Sobredo) co arqueólogo que o excavou, a aldea de Seceda, unha alvariza (construcción para protexer as colmeas dos osos) e o pliegue deitado de Campodola (unha xoia xeolóxica única no mundo). Lamentablemente non houbo percorrido nestes 3 días no que non se deixaran ver os efectos devastadores do lume. Recollemos no albergue e despedímonos de Quiroga. Ata outra! Porque no Courel aínda nos queda moito por coñecer e desfrutar!

 FOTO1

FOTO2

FOTO3

FOTO4

FOTO5

FOTO6

FOTO7

FOTO8

FOTO9

FOTO10



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut