Obradoiros de papiroflexia
Dentro da XVIII Semana Cultural do IES, a profesora de matemáticas Maite Castro, realizou uns obradoiros de papiroflexia para o alumnado de 1º da ESO. Esta actividade, dentro do Club de Ciencia, estivo baseada na creación de tres tipos diferentes de barcos: un barco con só cinco pregues, unha "planeadora" e o barco tradicional de papiroflexia.