Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Participación do Departamento de Matemáticas na Semana Cultural

O pasado mes de marzo celebrouse no noso IES a XVIII Semana Cultural. Dende o departamento de matemáticas os profesores Cándido Dacosta e Maite Castro participaron con obradoiros xunto co Departamento de Física e Química.

Cándido preparou a alumnado de 4º da ESO coma monitores de dous xogos: o ternario (inventado polo própio profesor) e outro no que aplicando a teoría de xogos sempre gaña o monitor.

Maite elaborou e proporcionoulle materiais a alumnado de 2º da ESO para desfrutar un anaco co tangram. Traballouse co tangram tradicional realizado cun cadrado, pero tamén co tangram oval e co tangram corazón.

A seguir deixámovos un vídeo desta actividade.

 

AdxuntoTamaño
semana_cultural_matematicas.mp410.79 MB


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut