Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO E DE BACHARELATO

 

Con data de 14 de abril foi publicada no DOG a convocatoria dos premios extraordinarios da ESO correspondentes ao curso 22/23.

Nas bases recóllese que haberá 20 premios extraordinarios para Galicia con unha contía de 1.000 euros cada un. Poderán optar a estes premios todo aquel alumnado que durante o curso 22/23 estea cursando 4º da ESO, sexa proposto polo equipo docente para a titulación e teña unha media nos catro cursos da ESO de 9,00 puntos ou superior.

Este alumnado deberá presentarse a unha proba presencial, que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

O prazo de presentación será do 31 de maio ao 30 de xuño de 2023.

Para máis información, achégase a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios da ESO.

 

Do mesmo xeito, convócanse os premios extraordinarios de bacharelato, neste caso na Orde do 20 de marzo de 2023.

Achégase a devandita Orde e un resumo das condicións de participación e o prazo de presentación de solicitudes, que vai do 26 de abril ao 25 de maio.

AdxuntoTamaño
Orde_31_Marzo_Premios_Extraordinarios_ESO_22-23.pdf821.62 KB
Orde_20_Marzo_Premios_Extraordinarios_BACHARELATO_22-23.pdf875.04 KB
PREMIOEXTRAORDINARIOBACHARELATO2022-2023.pdf195.39 KB


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut