FORMACIÓN "EDUCAR NA DIVERSIDADE"
Coa participación de docentes de oito centros educativos do Concello de Ribeira, comezou a formación "Educar na Diversidade", coa finalidade de aprender a previr o acoso escolar e a LGTBI fobia.
Organizado polo IMER, Instituto de Mediación Educativa de Ribeira, xunto a Concellería de Servizos Sociais do Concello e do CIM (Centro de Información á Muller), a docencia estivo a cargo do grupo ALAS (Asociación pñpa Liberdade Afectivo Sexual) da Coruña. Nela participaron moitos docentes do noso centro, e o que aprendan vai ter un impacto fundamental no IES.