Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ENTRADAS E SAÍDAS

Debido á confusión destes días nas saídas do recreo e do centro, recordamos o punto 31 do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021 que está a vosa disposición completo no menú lateral dereito superior. Ese punto dí o seguinte:

31. Entradas e saídas

 

O obxectivo principal da proposta que facemos a continuación é evitar as aglomeracións e os tempos de espera nas entradas e saídas. O éxito deste plan vai depender do cumprimento estrito dos horarios establecidos tanto polas familias como por parte do profesorado.

Horarios de entrada :

- O centro abrirá as portas ás 8:30 pola mañá e ás 15:30 polas tardes do luns e martes. - Por norma xeral, non estará permitida a entrada dos proxenitores no centro, só en caso de xestións imprescindibles.

- O alumnado terá a obriga de acceder á súa aula de referencia segundo vaia chegando, para evitar aglomeracións, mantendo en todo momento a distancia de seguridade de 1,5m. A tal efecto, considérase que a entrada debe ser inmediatamente posterior á chegada do autobús ou calquera outro medio que se utilice para vir ao centro, evitando as aglomeracións tanto no interior coma nos arredores do centro.

- É obrigatorio seguir as indicacións para acceder ás aulas e aos demais espazos comúns.

Horarios de saída:

- Os grupos de 1º e 2º de ESO adiantarán 10 minutos a súa saída para evitar aglomeracións, tendo xa á súa disposición o transporte. Será o profesorado que imparta clase neses períodos o encargado de facelos baixar con esa antelación (facilitarase horario específico destas clases e horas). Deste modo evítase ter 3 timbres para as saídas, que poden levar a erro.

- O resto dos grupos sairán no seu horario habitual, respectando as sinalizacións.

- As saídas ao recreo serán tamén escalonadas:

1º da ESO sairá ás 11:20 e entrarán ás 11:50;

2º da ESO sairá ás 11:25 e entrará ás 11:55

o resto do alumnado terá o horario habitual, de 11:30 a 12:00.

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut