Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

CARTA ÁS NAIS/PAIS DO IES Nº 1

Estimadas/os nais/pais

Logo de moitos días de incertezas e cambios de rumbo por parte da administración educativa, finalmente o pasado 16 de setembro tivemos a confirmación dos recursos e condicións cos que temos que organizar o presente curso 2020/2021: aprobáronse dous desdobres nos cursos da ESO, aumentouse a plantilla en catro profesores e estableceuse por parte da Consellería a semipresencialidade nos bacharelatos.

Con estes recursos, a organizacióndo centro queda como segue:

  A B C D E TOTAL
1º ESO 21 22 21 21   85
2º ESO 18 18 18 17 11 82
3º ESO 22 22 20     64
4º ESO 18 18 17 24   78
1º BAC 23 26 28 29   109
2º BAC 22 26 25 23   105

Como se pode observar na táboa anterior, conseguiuse desdobrar 1º da ESO (1 grupo), 2º da ESO (2 grupos) e 4º da ESO (1 grupo), quedando as ratios entre 17 e 24 alumnos/as por aula, respectándose a distancia de seguridade de 1,5 metros entre postos na maior parte dos casos. Cando non é posible, instálanse mamparas individuais en L (3/4 postos por aula).

Con esta solución mixta de desdobres e mamparas conseguimos o equilibrio entre as esixencias do protocolo, a provisión de profesorado aprobado pola Consellería e os problemas estruturais do centro, principalmente a falta de espazo.

O punto máis conflitivo que atopamos nesta proposta é o da semipresencialidade da ensinanza no bacharelato.

Esta modalidade supón que parte do alumnado, sempre o menor número posible, permaneza nos seus fogares  unha semana ao mes de xeito rotatorio, recibindo atención mediante medios telemáticos a criterio do profesorado (aula virtual, videoconferencia, streaming, etc).

No noso caso estamos a falar de un grupo de entre 5 e 7 alumnos/as por aula, o que nos permitiría que nesas clase se mantivese a ratio máxima de 21/22 alumnos e, polo tanto, respectar a distancia de seguridade.

Na web do instituto podedes atopar o Plan COVID e os planos coa distribución das aulas e as indicacións para as entradas e saídas. Próximamente publicaremos outro protocolo de carácter máis práctico co funcionamento do día a día do centro.

Un saúdo

A Dirección do IES Nº 1 de RIbeira



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut