Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

RECICLAXE DE BÓLAS DE DESODORIZANTES

O alumnado de primeiro da ESO vai participar nun proxecto denominado "Miradas da Xeometría". É este un proxecto da asociación matemática francesa "Les Maths en scène" dirixido ao alumnado de infantil, primaria e secundaria que ten como obxectivo descubrir a xeometría a través do mundo artístico e científico.

Este curso escolar, 2019-2020, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) súmase a este proxecto e convida ao profesorado galego de infantil, primaria e secundaria a participar cos seus estudantes.

O noso centro xa está inscrito neste proxecto. Colaboran os Departamentos de Educación Plástica e Visual e o Departamento de Matemáticas, que de xeito coordinado deseñaron os proxectos a presentar. Para un deses proxectos precisan que os axudemos reciclando as bólas dos desodorantes e depositándoas nun bote que hai xunto a conserxería.

Colaborade!



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut