Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ERASMUS+. EXCURSIÓN O 19 DE XUÑO DO 2019 A TUI PARA COÑECER OS SITIOS RELACIONADOS COA VISITA DE COSME III EN 1669 Á HISTÓRICA CIDADE

Empezamos á visita dende a ponte internacional en Valença do Miño (Portugal). Dende alí atravesamos o río MIño, e fomos camiñando polo paseo fluivial de Tui ata chegar á igrexa de Santo Domingo e ata o convento do mesmo nome, Neste último edificio foi donde se aloxou Cosme na peregrinación que fixo ata Santiago de Compostela en 1669, Parte do convento foi adquirido por particulares, e hoxe existe nel un albergue de peregrinos que tivemos ocasión de visitar. 

 

Fermosas vistas da fortaleza de Valença do MIño dende o paseo fluvial de Tui 

 

Chegada á igrexa de Santo Domingo

Visitamos os xardins que rodean á igrexa 

Despois vistamos ó convento de Santo Domingo, parte do cal é hoxe un albergue, Aqui aloxouse Cosme III de Medici o 1 de marzo de 1669 para seguir despois ata santiago de Compostela.

Seguimos en dirección á catedral-fortaleza de Tui. A fachada principal considérase o primeiro conxunto escultórico gótico da península ibérica.

 

O claustro de estilo gótico cistercense é da primeira metade do século XIII

Torre de Soutomaior nas murallas da catedral con vistas impresionantes sobre as cidades de Tui e Valença do Miño

Despois da visita á catedral fomos xantar a Tomiño e despois dirixímonos a Caselas de Tui para facer o descenso de 8 km polo río Miño en kayak ata o pantalán de Tui

 

 

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut