Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ERASMUS+. SEMANA CULTURAL DO IES NÚMERO 1 DE RIBEIRA. EXPOSICIÓN SOBRE O XOGO DA OCA

 

Xa tendes á vosa disposición o Xogo da Oca realizado dentro do programa ERASMUS+ "Unha viaxe no tempo".

A viaxe de Cosme III de Médici dende Florencia ata Compostela no ano 1668/69 é o tema do noso proxecto e serviu de inspiración para crear este popular e divertido xogo. No propio taboleiro atoparedes as instrucións do xogo así como as penalizacións e premios de cada casa.

Os debuxos do xogo foron realizados polos catro centros participantes no proxecto. Na biblioteca están expostos os debuxos realizados polo alumnado de Ribeira de 2º ESO. Oito deles foron os seleccionados para formar parte do deseño final. En lugar de ocas aparece o logo oficial do noso proxecto que foi realizado polos alumnos José Mª Balboa e José Rodríguez, 

O deseño final do taboleiro foi realizado polas profesoras italianas María Rita Lanara e Federica Querci.

 

 

 

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut