Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de marcosf

VII Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: ENTREGA DE PREMIOS

O pasado venres, 15 de novembro, unha pequena delegación do IES Número 1 de Ribeira acompañamos a Ainoa González Cañestro á gala de entrega de premios da VII edición do certame As imaxes do Patrimonio, convocado pola asociación cultural Ponte...Nas Ondas.

CONTACONTOS DO SAMAÍN 2024

V CONCURSO DE MICRORRELATOS "METE MEDO"

 

XA ESTÁN AQUÍÍÍÍ.... Quinta edición do noso concurso de microrrelatos de medo co gallo do Samaín. Animádevos a participar e sacade a Mary W. Shelley ou o Edgar Allan Poe que levades dentro. Canto máis aterrecedores, arrepiantes e sorprendentes sexan as vosas historias, máis posibilidades hai de gañar.

VII Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: Ainoa é unha das gañadoras!

Este curso 2024-2025 comezamos con boas novas: Ainoa González Cañestro, alumna de 3º ESO A e gañadora do noso certame particular de imaxes do patrimonio do curso pasado, saíu gañadora tamén do VII Certame de fotografía “As imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués” convocado por Ponte...Nas Ondas, na categoría de ensino secundario!

III CERTAME "IMAXES DO PATRIMONIO": ENTREGA DO PREMIO

Último día de clase, día de celebración polo final do curso, e Carme Pallares, en nome do EDLG, faille entrega do seu premio a Ainoa na clase de 2ºESO-A, como gañadora da edición 2024 do Certame de Imaxes do Patrimonio. Que imaxe tan bonita, con ese sorriso e esa mirada de complicidade.

Parabéns e o curso que vén, máis e mellor!

Felices vacacións!

III CERTAME IMAXES DO PATRIMONIO

Fotografía gañadora do noso III CERTAME "IMAXES DO PATRIMONIO" de 2024. A alumna gañadora foi AINOA GONZÁLEZ CAÑESTRO de 2ºESO-A.

Nos vindeiros días entegarémoslle o seu merecido premio e, así mesmo, desde o EDLG do IES Número 1 enviaremos a súa proposta ao concurso galego convocado por PONTE... NAS ONDAS.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS NA EEI "DEÁN GRANDE"

Hoxe, 15 de maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, seis alumnas colaboradoras do noso EDLG de 3º e 4º da ESO achegáronse até a Escola Infantil Deán Grande, veciña do noso centro e situada tamén ao pé do paseo da praia de Coroso, para contarlles uns contiños ás crianzas desa primeira etapa educativa de 3, 4 e 5 aniños.

DESMONTANDO OS PREXUIZOS E AS MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA

No día de hoxe, o alumnado de 2ºESO A e B tivo a ocasión de participar nun relatorio organizado polo EDLG do centro con Carlos García Vieito, politólogo, experto en redes sociais, membro da Mesa pola Normalización Lingüística e podcaster de éxito co programa “Exército Mekemeke”.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut