Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Novas

Novas

#RosalíaTe

No IESN1 de Ribeira tamén celebramos o Día de Rosalía!

 

 

 

Contos por palabras

No club de lectura "Lecturas con Agustín" foi a quenda do alumnado de 1º e 2º da ESO. Nesta ocasión o libro seleccionado foi Contos por palabras. Despois de xantarmos todos xuntos na cafetería, subimos ao salón de actos e alí estivemos charlando, comentando e intercambiando impresións sobre o libro. Resultou unha xuntanza de moito proveito!

Inauguración do Parladoiro

Hoxe no recreo inauguramos o noso Parladoiro con dous protagonistas claros: Castelao e... a rosca!

CLUBS DE LECTURA

O pasado martes 24 de xaneiro, reuniuse o club de lectura de 4º ESO e Bacharelato para comentar o poemario Masculino singular de Carlos Negro. 

Contando a Castelao no CEIP de Palmeira

 

Hoxe quedamos encantados co recibimento que nos fixeron no cole de Palmeira. Achegámonos alá para lles contar aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria as historias de Retrincos e tamén un par de "Cousas" e así entre todos ir coñecendo algo máis da vida e da obra de Castelao. 

 

SEMANA DE CASTELAO

O  30 de xaneiro conmemórase o aniversario de Castelao. Con este motivo, desde o EDLG organizamos algunhas actividades que se van desenvolver durante esta semana.

CONCURSO "ILUSTRA 2017"

O EDLG convoca o concurso de ilustración para o calendario de 2017. Os traballos, de formato libre, poden entregarse ata o 29 de novembro. Tendes todos os datos no cartel que vai a continuación. 

VII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, que reivindica o dereito a gozar da ciencia en lingua galega. Este ano está dedicado á Bioloxía, xa que a ONU declarou 2016 como o Ano Internacional dos Legumes.

No noso centro temos dúas exposicións dedicadas ás mulleres na ciencia: "A muller innovadora da ciencia" e "Mulleres e ciencia" que contan con cadanseu cuestionario para que poidan traballarse nas aulas. As exposicións estarán ata o día 20 de novembro.

CONTOS DE DEFUNTOS

Hoxe, 2 de novembro, é o Día de Defuntos e no noso centro imos dedicalo a contar historias de misterio, aparecidos, Santa Compaña... Para iso, alumnado de 3ª ESO estivo preparando uns contos tradicionais e populares que irá contar ás aulas de 1º ESO e os de 4ª ESO van contar relatos de autores como Méndez Ferrín, Rafael Dieste, Fernández Paz... ao alumnado de 2º ESO. 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut