Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de admin

PRAZO DE MATRÍCULA DO MÓDULO 4 DE ESA (ENSINO DE ADULTOS)

Do 9 ao 19 de xaneiro de 2024 estará aberto o prazo de matrícula para o módulo 4 de ESA (2º cuadrimestre). A partir do 8 de xaneiro poderán recollerse os sobres de matrícula na conserxería do IES.

Charla/concerto do grupo PECHA A CANSELA

O departamento de Música ven de organizar unha charla para o alumnado de 2º da ESO a cargo do grupo de adolescentes "Pecha a cansela". 

Pecha a cansela 1

III edición de Novos Poliedros

Novos Poliedros foto 1

Sete institutos foron premiados nesta terceira edición do certame que promove a innovación científica e en galego. Co gallo do mes da ciencia en galego, este certame busca incentivar entre a rapazada o interese pola ciencia, e en particular pola xeometría e a simetría, promovendo ao mesmo tempo o uso da lingua galega.

Participación no concurso NOVOS POLIEDROS 2023 de Igaciencia.

Polo mes da Ciencia en galego 2023 convocouse o concurso  de creación de novos poliedros por parte de Igaciencia. Este ano o noso centro participa co alumnado de 1º da ESO, cos grupos aos que lles imparte docencia a profesora do noso Departamento de Matemáticas, Maite Castro. Este proxecto desenvolveuse nos recreos, e deixámovos aquí un vídeo explicativo sobre o proceso de creación do HOXAEDRO.

Concentración Transporte

Transporte

O vindeiro domingo 26 terá lugar na Praza do Concello unha concentración por un transporte digno .

Deixámosvos o cartaz

 

 

Un saúdo

A dirección

CONTRATOS PROGRAMA PARA O CURSO 2023-2024

O noso centro foi seleccionado para participar nos Contratos Programa nas modalidades que se indican.

Contratos Programa

Os nosos CLUBS DE LECTURA funcionando!

As letras feridas do noso centro están en modo lectura e non hai quen as pare. Aquí tedes a planificación deste primeiro trimestre.

Clubes de lectura 1º trimestre

CONGRESO FORMATIVO DE CONVIVENCIA E BENESTAR EMOCIONAL

benestar emocional

O pasado mércores os nosos compañeiros Alejandro Amor e Olegario Sampedro acudiron á Cidade da Cultura ao Congreso de Convivencia e benestar emocional coma coordinadores desa área no noso centro. Neste congrese compartíronse reflexións e prácticas educativas.

HOXE COMO NO INSTI

Ola, bo día.

Aquí tedes información sobre esta iniciativa da nosa ANPA "Caramecheiro" para as familias que precisan un servizo de atención ao alumnado nas horas de xantar de luns e martes. 

 

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

informacion_pendentes

O alumnado matriculado neste centro no curso 2023-2024 que teña algunha materia pendente deberá prestar especial atención a seguinte información para poder recuperar estas materias de maneira satisfactoria ao longo deste curso.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut