Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

RIBEIRA, UN LUGAR MIL MUNDOS

Por terceiro ano consecutivo, celebramos Ribeira, un lugar mil mundos, co gallo do Día da Paz. Nesta ocasión, o alumnado de 1º ESO participou nun trivial, elaborado por eles, con preguntas sobre os países de procedencia do noso alumnado estranxeiro.

QUERES XOGAR AO XADREZ NOS RECREOS E NON ATOPAS UN LUGAR TRANQUILO?

A partir de hoxe podedes xogar ao xadrez nos recreos na aula 110. Disporemos varios taboleiros e fichas para que poidades xogar nun ambiente en silencio.

Pedídelle a Olga que vos abra a aula.

Se tedes calquera dúbida, falade con Trini.

II CONCURSO DE RELATO CURTO

No seguinte enlace tedes as bases do CONCURSO DE RELATO CURTO. Os premios daranse no festival de Entroido do día 5 de xaneiro.

Animádevos a participar!!!

Se tedes algunha dúbida, consultade co profesorado de lingua castelá ou galega ou ben preguntade ao equipo da biblioteca.

COMEZO DO CLUB DE XADREZ

Esta semana comezamos unha nova edición do Club de Xadrez. Agradecemos a colaboración do profesor da Escola Municipal de Xadrez de Ribeira, Manuel Barros, nesta actividade coordinada polo profesor Ventoso.

Exames de pendentes. Curso 15-16

EXAMES DAS MATERIAS PENDENTES

Achéganse as datas dos primeiros exames das materias pendentes. No seguinte enlace poderedes consultalas.

CLUB DE LECTURA 4º ESO E BACHARELATO. AVISO DE CAMBIO DE DATA

Como, polas vacacións de nadal, imos un pouco atrasados na lectura, cambiamos a xuntanza para o día 19 de xaneiro. Recordade, o libro é Mal de pedra de Milena Agus.

 

Agardámosvos!!

COMEZAMOS O TALLER DE ESCRITA UN ANO MÁIS

Por segundo ano consecutivo o profesor Xabier López impartirá un Taller de escritura ao alumnado de bacharelato que queira participar.

Reuniránse unha vez á semana fóra do horario lectivo.

Grazas a Xabier pola súa colaboración co equipo da Biblioteca.

8 CURTAMETRAXES DO IES Nº1 DE RIBEIRA PARTICIPAN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

Oito curtametraxes realizadas nos últimos anos no noso instituto, case todas elas finalistas ou gañadoras no noso Festival Audiovisual, foron seleccionadas para participaren na VI edición do Certame Ouff Escola, que forma parte do prestixioso Festival Internacional de Cine de Ourense.

MAGOSTO LITERARIO NO IES Nº1

O EQUIPO DA BIBLIOTECA E O EDLG PREPARARON PARA ESTES DÍAS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O MAGOSTO QUE PODEDES VER NA BIBLIOTECA.

XA TEMOS GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SAMAÍN 2015

Parabéns a SARA MARTÍNEZ de 1º ESO B, que resultou gañadora do noso concurso.

Recibe mención especial MANUEL NOVO de 1º Bach C pola calidade e orixinalidade da súa fotografía.

Grazas a todos os participantes.

Na seguinte presentación podedes ver todas as fotografías do concurso.

 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut