Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

VISITA DE XURXO MARIÑO

O profesor Xurxo Mariño visitounos para contarnos as experiencias vividas na viaxe arredor  do mundo que fixo entre os anos 2013 e 2014.

Xurxo Mariño é doutor en Ciencias biólóxicas pola USC e actualmente é profesor na Universidade da Coruña. Está especializado en neurofisioloxía.

Na súa páxina Vagamundeando podedes seguir o percorrido desta interesantisima viaxe.

OLIMPÍADA MATEMÁTICA: XINCANA

Un ano máis foi xenial ver a tantos rapaces e rapazas resolvendo retos matemáticos polos corredores do noso centro: cantos nervios e canta carreira!!!

Moitas grazas a tod@s pola vosa paciencia e colaboración con nós nesta actividade.

CONCURSO DE POESÍA LETRAS GALEGAS

O EDLG e o equipo da Biblioteca convocan un concurso de poesía co gallo da celebración das Letras Galegas.

Animádevos a participar!!   Tedes as bases no adxunto.

SE NOS VOTAS, TI TAMÉN PODES GAÑAR

Deron comezo as votacións dos modelos 3D na "World Metrology League", se queres botarlle unha man aos equipos deste centro: ALKARXE, ASPAVERES, PETABYTES, POLEWIFI OU STASI, e ademáis participar no sorteo de varios premios, pincha aquí.

V FESTIVAL AUDIOVISUAL

Xa está aquí, un ano máis e xa van cinco (que son máis que catro e menos que seis). Xa sabedes: temática libre, dous importantes premios e 10 minutos como máximo de gravación; mais recordade que, ás veces, un minuto e unha boa idea son suficientes para triunfar. Anímadevos a participar!

A nosa alumna Antía Varela Torres vén de gañar o concurso europeo de fotografía Cedefop Photo Award

A nosa alumna Antía Varela Torres vén de gañar o concurso europeo de fotografía Cedefop Photo Award 2016, así mesmo José Antonio Somoza González quedou nos primeiros postos

Noraboa!

Aquí tedes os enlaces ás noticias:

http://www.cedefop.europa.eu/es/news-and-press/news/cedefopphotoaward-winners-first-phase

MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Co gallo do día do libro e conmemorando o cuarto centenario da morte de Cervantes e Shakespeare, o equipo da Biblioteca elaborou un marcapáxinas de recordo.

Pide o teu na biblio!!

Modelando en 3D en 4º da ESO

5 grupos de alumnos de 4º da ESO da materia de Informática están participando na "METROLOGY WORLD LEAGUE" creando modelos 3D por fotogrametría con móbiles. Foi un gran esforzo pero pensamos que mereceu a pena, botádelle un ollo aos modelos que crearon:

FESTIVAL DE XADREZ PRIMAVERA 2016 NO IES Nº1

Entre o 14 e o 28 de abril, celebrarase no noso centro o Festival de xadrez Primavera 2016, campionato na modalidade de xadrez rápido ao que estades invitados a participar.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut