O alumnado da ESO realizou unha exitosa campaña de recollida de xoguetes para a Cruz Vermella. Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar.
Na última sesión do taller de matemáticas deste trimestre seguimos coñecendo máis aspectos da vida de Ada Lovelace: aprendemos que hai unha linguaxe de programación que leva o seu nome, ADA, ou que Google lle dedicou un doodle no 2012:
O martes 13 de decembro dedicaremos a reunión do club de lectura ao cine. É xa unha tradición poñer unha película ao final do trimestre, cando os exames nos deixan menos tempo para a lectura. A película que imos ver é Pat Garret e Billy the Kid dirixida por Sam Peckinpah e nela actúa Bob Dylan que é o glardoado este ano co Nobel de Literatura. Unimos así cine e literatura e rendémoslle unha pequena homenaxe a Bob Dylan.
Ada Byron, que era o nome real de Ada Lovelace (tras casar pasou a chamarse Condesa de Lovelace), naceu en Londres o 10 de decembro de 1815. O seu pai era o poeta inglés Lord Byron, que se separou da súa nai ao pouco de nacer Ada.
Durante as primeiras semanas de novembro, co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego e dentro do Plan Proxecta "Donas de si", puidemos ver a exposición A muller innovadora na ciencia e traballar co alumnado cun cuestinario proposto polo EDLG.