Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Recomendacións lectoras para o Nadal

O Equipo de dinamización da Biblioteca e o EDLG fixo unha selección de lecturas para o Nadal. Esperamos que vos gusten. Preme na imaxe para vela.

Campaña de recollida de xoguetes

O alumnado da ESO realizou unha exitosa campaña de recollida de xoguetes para a Cruz Vermella. Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar.

   

QUINTA SESIÓN DO TALLER DE MATEMÁTICAS: ADA LOVELACE O CÓDIGO BINARIO E FLAVIO JOSEFO

Na última sesión do taller de matemáticas deste trimestre seguimos coñecendo máis aspectos da vida de Ada Lovelace: aprendemos que hai unha linguaxe de programación que leva o seu nome, ADA, ou que Google lle dedicou un doodle no 2012:

Sesión de cine do Club de lectura

O martes 13 de decembro dedicaremos a reunión do club de lectura ao cine. É xa unha tradición poñer unha película ao final do trimestre, cando os exames nos deixan menos tempo para a lectura. A película que imos ver é Pat Garret e Billy the Kid dirixida por Sam Peckinpah e nela actúa Bob Dylan que é o glardoado este ano co Nobel de Literatura. Unimos así cine e literatura e rendémoslle unha pequena homenaxe a Bob Dylan.

 

Novidades na biblioteca (novembro)

            

CUARTA SESIÓN DO TALLER DE MATEMÁTICAS: ADA LOVELACE

Ada Byron, que era o nome real de Ada Lovelace (tras casar pasou a chamarse Condesa de Lovelace), naceu en Londres o 10 de decembro de 1815. O seu pai era o poeta inglés Lord Byron, que se separou da súa nai ao pouco de nacer Ada.

EXPOSICIÓN A MULLER INNOVADORA NA CIENCIA

Durante as primeiras semanas de novembro, co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego e dentro do Plan Proxecta "Donas de si", puidemos ver a exposición A muller innovadora na ciencia e traballar co alumnado cun cuestinario proposto polo EDLG.

DEBATE

Este ano imos facer unha actividade de debate no instituto. ¡Anímate e participa!

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut