Seguimos mostrando que as matemáticas están alá onde miremos, desta vez para evitar erros administrativos. Aprendemos a calcular dous díxitos de control: a letra do NIF e o ISBN dos libros.
Tamén aprendemos un novo método para codificar mensaxes: a cifra Polibi.
Mileva Maric é a cara do noso taller, pero aínda non indagaramos na súa vida. Xa sabemos que hai moitas voces discrepantes con respecto á súa contribución ao traballo do seu home, Albert Einstein, pero é indudable que foi unha matemática notable e tamén que tivo que deixar a súa carreira á marxe para ocuparse da súa familia.
Xa temos gañadora do III CONCURSO DE RELATO CURTO DE ENTROIDO na categoría de 2º ciclo. É Alicia Maneiro Paz de 4º A. Noraboa!. O relato publicarase na revista do instituto.