Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Concurso de monólogos

O pasado venres día 22 de marzo o Departamento de Lingua castelá organizou un concurso de monólogos e xa temos os tres gañadores:

1º premio: Bruno Gómez (2ºESO B)

2º premio: Adrán Lages (2º ESO B)

3º premio: Gabriel Santos (2º ESO A)

ORIENTÁMONOS EN EDUCACIÓN FÍSICA

Mes da Orientación deportiva no IES Nº 1 de Ribeira. O alumnado do centro (1º ESO - 1º Bach) están realizando percorridos seguindo un mapa, trazando rumbos cun compás e disfrutando do noso paseo de Coroso á vez que fan deporte...Estamos encantados co resultado e acollemento desta actividade do Departamento de EF. en colaboración con Tania Seijo, grazas polo teu traballo!

III Encontro Internacional do Erasmus+

III Encontro Internacional do Erasmus+ que tivo lugar do 10 ao 16 de marzo, en Calenzano (Italia) realizouse un intercambio interbibliotecario entre o Istituto Comprensivo e o IES Nº1 de Ribeira, no que se fai entrega duns libros e marcapáxinas deseñados polos alumnos.

Animación á lectura

O mércores 13 de marzo, o alumnado de ESO participou na actividade de animación á lectura organizada pola biblioteca en colaboración coa librería Aenea.

ANDAINAS POLA CONTORNA

Comeza o bo tempo e no departamento de EF aproveitamos para que os nosos rapaces coñezan a contorna, practiquen actividades saudables que poidan realizar no tempo de ocio, socialicen cos compañeiros e mesmo coñezan e respecten os entornos naturais a través de andainas pola Barbanza. O alumnado de 1º BAC pola costa: Ribeira, Castiñeiras, Aguiño, Vilar. Os de 2º de ESO Ruta polo Río de Artes, cal será a seguinte?

Encuentro literario con Marisol Ortiz de Zárate

En este encuentro se habló del libbro La fabuladora con el alumnado de 3º ESO.

Visitando exposicións en Santiago

O xoves día 7 o alumnado de 4º ESO realizou unha saída a Santiago de Compostela organizada polo Departamento de Lingua Castelá. Visitaron dúas exposicións, a primeira no CGAC, co título de Homless, de Ángela de la Cruz; e a segunda, na fundación Abanca, a MIIC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea).

Colaboración do alumnado coa Biblioteca

O alumnado de agrupamento colabora coa biblioteca preparando o expositor de novidades.

Moitas grazas!

Castelao e poesía no CEIP de Palmeira

Onte foi un día especial para o noso EDLG, seis alumnas de 4º da ESO foron ao CEIP de Palmeira para contarlle ao alumnado de 6º de Primaria contos de Castelao dos libros Retrincos Cousas. O alumnado de 6º agasallounos cun recitado de poesía.

Concurso marcapáxinas

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut