Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Novas

Novas

Contacontos

 

Unha das actividades preferidas do alumnado que forma parte do EDLG é ir contar os contos de defuntos fóra do centro. Este ano fomos á Residencia de Maiores de Ribeira, ao Centro de Día de Alzheimer e á Asociación Ambar.

Tránsito de Mercurio 11.11.19

O pasado luns 11 de novembro tivo lugar o tránsito de Mercurio, este evento astronómico consiste en que o planeta Mercurio pasa por diante do Sol (observado dende a Terra). Esta aliñación entre os tres astros (Sol, Mercurio e a propia Terra) non se volverá repetir ata a mañá do 13 de novembro de 2032.

Dende a NASA vírono así:

https://youtu.be/0yNzSwlnQ2Q

Dende o IES n°1 non quixemos ser menos e tamén o vimos co noso Solarscope

Semana dos contos

Contos de defuntos, aparecidos, misterio... O alumnado do EDLG de 3º e 4º ESO foi o encargado de ir polas clases de 1º e 2º contando historias do máis alá. A próxima semana sairemos do instituto para contar esas mesmas historias fóra do centro. Estade atentos, iremos informando.

X DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

 

O 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, que chega á súa 10ª edición. Este ano está dedicado ao Ano Internacional das linguas indíxenas e da táboa periódica

Semana dos contos

O alumnado do EDLG estivo durante os recreos do mes de outubro preparando contos de defuntos, aparecidos, misterio... para o Samaín. Na semana do 4 ao 8 de novembro van ir polas aulas de 1º e 2º ESO para contárllelos aos seus compañeiros e compañeiras deses cursos. 

Castelao e poesía no CEIP de Palmeira

Onte foi un día especial para o noso EDLG, seis alumnas de 4º da ESO foron ao CEIP de Palmeira para contarlle ao alumnado de 6º de Primaria contos de Castelao dos libros Retrincos Cousas. O alumnado de 6º agasallounos cun recitado de poesía.

Club de lectura "Xabier Docampo"

Continuamos coas reunións das direrentes seccións do club de lectura. Este martes, 5 de febreiro, foi a vez do alumnado de 1º da ESO que leu o libro A chave das noces.

Día de Castelao

O 30 de xaneiro, Día de Castelao, o alumnado de 4º da ESO desprazouse ata Santiago para ver a exposición "Castelao Maxistral" na Cidade da Cultura. Completamos esta actividade cunha visita ao patrimonio da USC.

 

CONCURSO 25N

SOTERRADA A CÁPSULA DO TEMPO DO EDLG. VÉMONOS NO 2028!!!

 

 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut