Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Intercambio IES Nº 1 Ribeira - Paulus Praetorius de Bernau bei Berlin 2019-2020

19 alumnos e alumnas do noso centro viaxaron á cidade de Bernau na semana do 10 ao 16 de febrero para participar na segunda fase do intercambio có instituto alemán Paulus Praetorius de Bernau bei Berlín . Na primeira fase do intercambio e que tivo lugar en outubro, o noso alumnado acolleu nas súas casas ós alumnos e alumnas alemans e foron parte da vida escolar do IES N1. Nesta semana en Bernau o noso alumnado acompañou ós alemans ás súas clases e visitou lugares emblemáticos de Alemania 

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Para celebrar o Día da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 1º ESO elaborou para a materia de Matemáticas, coa colaboración de Lingua Galega e o EDLG, biografías de mulleres destacadas neste campo a nivel mundial en calquera época histórica.

Celebración do Día de Castelao

O pasado 28 de xaneiro visitamos o CEIP de Palmeira para conmemorar o Día de Castelao. Algunhas das nosas colaboradoras contáronlle contos de Cousas e Retrincos ao alumnado de sexto de primaria. Coma todos os anos, unha experiencia moi grata para todos, voltaremos!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Rematado o prazo de entrega das fotografías, en breve os inscritos na Olimpíada saberán as súas puntuacións.

Club de lectura

       

Esta semana temos dúas xuntanzas dos clubs de lectura. Comezamos hoxe luns co club do alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato e dedicaremos a sesión a falar de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco.

PRAZO DE MATRÍCULA ENSINO DE ADULTOS 2º CUADRIMESTRE

O PRAZO DE MATRÍCULA  PARA  4º DA E.S.A. NO SEGUNDO CUADRIMESTRE DO ENSINO DE ADULTOS SERÁ DOS DÍAS:

 

9 AO 16 DE XANEIRO DE 2020

25 N. CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES Nº1 REALIZOU UNHA ANDAINA POLA IGUALDADE ATA A PRAZA DO CONCELLO, PORTANDO PARAUGAS VIOLETAS CO LEMA "NIN UNHA MÁIS, NIN UNHA MENOS".

POSTERIORMENTE O ALUMNADO DE NORMALIZACIÓN LEU UN MANIFESTO E O NOME DAS VÍTIMAS DESTE ANO.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut