Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Novas

Novas

CONTACONTOS DO SAMAÍN 2023

Como cada ano, desde o EDLG do IES Número 1 celebramos o Samaín 2023 cun contacontos multinivel os días 30 e 31 de outubro.

IV CONCURSO DE MICRORRELATOS "METE MEDO"

Microrrelatos 2023

 

Cuarta edición do noso concurso de microrrelatos de medo co gallo do Samaín. Animádevos a participar e sacade a Mary W. Shelley ou o Edgar Allan Poe que levades dentro. Canto máis aterrecedores, arrepiantes e sorprendentes sexan as vosas historias, máis posibilidades de gañar.

Carvalho Calero “Aos quatro ventos”

Día das Letras Galegas

Club de lectura: "Lendo en igualdade"

Xuntanza co alumando de 1º e 2º ESO que participa no club de lectura "Lendo en igualdade" para compartir impresións sobre lectura do libro de Emma Pedreira Os corpos invisibles.

Día Internacional da Lingua Materna

 

No IES N1 de Ribeira estamos moi orgullos@s da diversidade do alumnado do noso centro. Por iso, desde o EDLG, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Lingua Materna para darlle visibilidade ás linguas que falan algúns dos nosos alumnos e alumnas.

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Para celebrar o Día da Muller e da Nena na Ciencia, o alumnado de 1º ESO elaborou para a materia de Matemáticas, coa colaboración de Lingua Galega e o EDLG, biografías de mulleres destacadas neste campo a nivel mundial en calquera época histórica.

Celebración do Día de Castelao

O pasado 28 de xaneiro visitamos o CEIP de Palmeira para conmemorar o Día de Castelao. Algunhas das nosas colaboradoras contáronlle contos de Cousas e Retrincos ao alumnado de sexto de primaria. Coma todos os anos, unha experiencia moi grata para todos, voltaremos!

Club de lectura

       

Esta semana temos dúas xuntanzas dos clubs de lectura. Comezamos hoxe luns co club do alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato e dedicaremos a sesión a falar de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut