A cerimonia de entrega de premios foi o luns, 6 de xuño ás 19 na casa do Concello de Santiago de Compostela, á que asistiron 15 alumn@s de 4º da ESO, acompañados pola profesora de informática e a directora do centro.
Os alumnos de 4º da ESO que participaron no concurso de modelado 3D para celebrar o "Día Munidal do Medio Ambiente" coordinados pola profesora Marga Saborido, obtiveron:
1 premio para o centro que consiste nunha impresora 3D modelo Bq Prusa i3 Hephestos.
Deron comezo as votacións dos modelos 3D na "World Metrology League", se queres botarlle unha man aos equipos deste centro: ALKARXE, ASPAVERES, PETABYTES, POLEWIFI OU STASI, e ademáis participar no sorteo de varios premios, pincha aquí.
Xa está aquí, un ano máis e xa van cinco (que son máis que catro e menos que seis). Xa sabedes: temática libre, dous importantes premios e 10 minutos como máximo de gravación; mais recordade que, ás veces, un minuto e unha boa idea son suficientes para triunfar.Anímadevos a participar!
5 grupos de alumnos de 4º da ESO da materia de Informática están participando na "METROLOGY WORLD LEAGUE" creando modelos 3D por fotogrametría con móbiles. Foi un gran esforzo pero pensamos que mereceu a pena, botádelle un ollo aos modelos que crearon:
Oito curtametraxes realizadas nos últimos anos no noso instituto, case todas elas finalistas ou gañadoras no noso Festival Audiovisual, foron seleccionadas para participaren na VI edición do Certame Ouff Escola, que forma parte do prestixioso Festival Internacional de Cine de Ourense.