O IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira), asociación educativa na que participa profesorado dos centros de secundaria do concello, acaba de recibir o I Premio pola Paz convocado pola Deputación da Coruña.
O alumnado de 4º ESO na materia de valores éticos do IES Nº1 de Ribeira traballou "a inclusividade dende a Bilioteca" e colga os seus desexos para un mundo máis xusto.
Gracias a estes alumnos e alumnas, a Belén e a Dolo por esta marabillosa árbore.
o iesnº1 de Ribeira inaugurou hoxe un novo contador de vítimas de violencia de xénero cun acto simbñolico no que participou profesorado e alumnado do centro.
Con este acto ábrense as actividades conmemorativas do 25 N tal como se vén facendo no centro dende hai anos.