Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de admin

DENUNCIA DOS RECORTES E CONCENTRACIÓN O MARTES ÁS 12:00H

En vista de que a situación de recortes no cadro de persoal docente do centro para o curso 21-22 non mudou con respecto ao que xa publicamos no mes de xullo, a comunidade educativa do IES Nº 1 de Ribeira decidiu facer unha denuncia conxunta. Pódese ler no arquivo adxunto o escrito de denuncia no que se informa de como afectan estes recortes á oferta educativa do centro.

Invitamos a toda a comunidade educativa a que se sume á concentración prevista para o martes 7 de setembro ás doce diante do centro como medida de protesta.

ENTREGA DE EQUIPAMENTO EDIXGAL DO ALUMNADO DE 2º DA ESO QUE PROMOCIONA A 3º DA ESO

A publicación de notas a través da aplicación Abalarmóbil, está prevista para o luns 6 de setembro a partir das 15:00 horas. A partires dese momento o alumnado de 2º da ESO xa sabe cal é a súa situación, polo tanto:

MATRÍCULA DE ENSINO DE ADULTOS - CURSO 2021-2022

Módulo 3 da ESA e BACHARELATO

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de setembro.

COMUNICADO DO EQUIPO DIRECTIVO

Publicamos o comunicado do equipo directivo do centro para informar á comunidade educativa da situación na que queda o noso centro cos recortes de persoal levados a cabo pola Consellería de Educación.

DATAS DAS PROBAS DE SETEMBRO

No documento adxunto atoparedes as datas dos exames de setembro.

O día 1 de setembro só hai os exames de pendentes e da ESA, o día 2 os exames son da ESO e de Bacharelato (diúrno e adultos) e o día 3 só hai exames da ESO.

O alumnado de Bacharelato de Humanidades que se matricule en 2º BAC en Bioloxía e que, polo tanto, xera esa materia como pendente, pode facer o exame de 1º BAC o xoves 2 de setembro ás 16:00h.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS DA AXUDA DE LIBROS

A listaxe provisional de admitidos na axuda de libros para o curso 2021/2022 está dispoñible na secretaría do centro para ser consultada por quen o precise.

Só afecta ao alumnado de 3º e 4º da ESO, xa que tanto o alumnado de 1º como o de 2º da ESO non participa neste programa por facelo en EDIXGAL.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

Nos documentos adxuntos atoparedes a listaxe de libros do curso 2021/2022.

Lembramos que se recomenda esperar a setembro para falar co profesorado de cada materia, especialmente nos cursos de Bacharelato, sobre a conveniencia ou non de mercar os libros.

RESERVA DE PRAZA - ENSINO DE ADULTOS CURSO 2021-2022

ESA e BACHARELATO

Prazo: Do 5 ao 19 de xullo

Os impresos poderán recollerse na conserxería do centro a partir do luns 28 de xuño. A solicitude debidamente cuberta deberá presentarse xunto cunha certificación académica completa e unha fotocopia do DNI do solicitante.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2020-21

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2020-21

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut