Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de admin

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO NA ESO

Na orde do 28 de outubro de 2021 regúlanse os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria.

O prazo para solicitar participar neste procedemento será ata o venres 26 de novembro. A forma de presentación de solicitude unicamente será de forma presencial na secretaría, onde está a disposición dos interesados o modelo de solicitude.

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Na reunión da Xunta Electoral do pasado 15 de novembro de 2021 foron proclamadas as seguintes candidaturas:

a) Nais/pais/titores/as legais:

       - Beatriz Santiago Ageitos

       - Mª Carmen García Paz

b) Profesorado

      - Javier Casamitjana Barrios

      - Mª de Mar Torres Santamaría

      - Ana Belén González García

      - Óscar Permuy Brage

      - Ramón Olegario Sampedro López

XVII Bolsa a deportista JUAN LAMPÓN


Un ano máis, o IES da Pobra do Caramiñal organiza as Bolsas Juan Lampón para deportistas.Coma sempre, valorarase o currículo académico e deportivo (podedes consultar as bases na páxina web do IES da Pobra).A entrega de bolsas terá lugar o 6 de maio.


Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar e publicación dos censos

Convócanse as eleccións para a renovación do Consello Escolar. Nos documentos adxuntos pode accederse á convocatoria correspondente a cada sector (familias, profesorado e alumnado).

O prazo de presentación de candidaturas ábrese mañá, 4 de novembro, e péchase ás 14:00 horas do 12 de novembro. As candidaturas deberán presentarse na secretaría do centro no prazo establecido. Nos documentos adxuntos hai un modelo de presentación de candidatura para cada sector, que tamén está a dispoción das persoas interesadas na secretaría do centro.

Eleccións ao Consello Escolar. Data sorteo público Xunta Electoral

Neste curso temos que renovar o Consello Escolar, polo que está previsto celebrar eleccións entre o 22 e o 26 de novembro, seguindo o calendario establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, DOG do 29 de setembro.

Inscrición socio/a da ANPA "Caramecheiro"

Ola, bo día.

Dende a ANPA do noso centro, a ANPA "Caramecheiro", achégannos esta folla de inscrición para todas aquelas familias que desexen inscribirse. No documento adxunto atoparedes o formulario.

Unha vez cuberta, a inscrición pode ser enviada por correo electrónico (anpacaramecheiro@gmail.com), a través do Whatsapp ou no buzón da ANPA do centro

Un saúdo

A dirección

 

ENSINO DE ADULTOS - COMEZO DO CURSO

A presentación será no salón de actos co seguinte horario:

E.S.A. (Módulo 3): Xoves 23 de setembro ás 16:30 h. 

TRANSPORTE ESCOLAR

A día de hoxe a información da que dispoñemos é a do arquivo adxunto.

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA Caramecheiro

A ANPA Caramecheiro convoca para o vindeiro luns 20 de setembro ás 20:00 unha Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar no pavillón do IES Nº 1 de Ribeira.

No documento adxunto pódese consultar a orde do día.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut