Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Semana de ENTROIDO

Comeza a conta atrás para a celebración do entroido o próximo venres despois do recreo... Para írmonos preparando, facemos unha proposta de disfraces para cada día da semana. Anímate a participar!

PRESENTACIÓN DO MÓDULO 4 DE ESA - 2º Cuadrimestre (Ensino de adultos)

Será o mércores 8 de febreiro ás 17:00 horas no salón de actos.

O comezo das clases co horario normal será o xoves 9 de febreiro.

In Memoriam: Gonzalo Sarasquete Fernández

O pasado 28 de decembro finou o artista e docente ribeirense Gonzalo Sarasquete Fernández.

Sempre moi vencellado á súa orixe barbanzá, no noso centro deixou a súa pegada coas colaboracións en distintos actos e na entrada expónse unha das súas obras, dedicada ás mulleres que se formaron no IES Nº 1.

 

MATRÍCULA DO MÓDULO 4 DE ESA (Adultos)

Curso 2022/2023  - Segundo cuadrimestre

Prazo: do 9 ao 17 de xaneiro

RESULTADO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O resultado das eleccións de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa do IES Nº 1 é o seguinte:

SERVIZO DE MEDIACIÓN DO IES

Tedes máis información na barra lateral dereita no apartado de MEDIACIÓN.

poster_mediacion

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Na reunión da Xunta Electoral do 15 de novembro de 2022 foron proclamadas as seguintes candidaturas:

a) Profesorado:

1.- Alejandro Amor Carreira

2.- Mª Teresa Castro Bustelo

3.- Sonia Silva Piñeiro

b) Alumnado:

1.- Aida González Cañestro (1º ESO A)

2.- Ainoa González Cañestro (1º ESO A)

3.- Alba Lustre Fariña (2º ESO A)

c) Persoal de Administración e Servizos

1.- Enrique García Vila

Ábrese un prazo de dous días para presentar reclamacións á lista de candidaturas.

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar e publicación dos censos

Convócanse as eleccións para a renovación do Consello Escolar. Nos documentos adxuntos pode accederse á convocatoria correspondente a cada sector: persoal de administración e servizos, profesorado e alumnado. O sector das familias renovouse por completo o ano pasado, polo que non corresponde facer unha renovación parcial.

Consello Escolar. Data do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral

No mes de novembro hai que facer a renovación parcial do Consello Escolar, para o que está previsto celebrar eleccións entre o 23 e o 29 de novembro, seguindo o calendario establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, DOG do 30 de setembro.

O primeiro paso do proceso é constitución da Xunta Electoral. Para iso, o vindeiro mércores de 2 de novembro ás 11:30h haberá no salón de actos un sorteo público para designar a varios dos seus membros (un profesor ou profesora, un pai/nai/titor/a legal, un representante do PAS, un alumno/a).

CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta semana alumnado de 4º da ESO acompañado polos profes Sonia Silva, Óscar Permuy e Montse Vázquez, percorreron parte do Camiño de Santiago. Comezaron en Sarria, e pasando por Portomarín, Palas De Rei, Arzúa e O Pedrouzo, acadaron a meta: chegar a Santiago de Compostela.

Deixámovos unha pequena escolma de fotos do ben que o pasaron nesta experiencia no seguinte vídeo.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut