Con data de 14 de abril foi publicada no DOG a convocatoria dos premios extraordinarios da ESO correspondentes ao curso 22/23.
Nas bases recóllese que haberá 20 premios extraordinarios para Galicia con unha contía de 1.000 euros cada un. Poderán optar a estes premios todo aquel alumnado que durante o curso 22/23 estea cursando 4º da ESO, sexa proposto polo equipo docente para a titulación e teña unha media nos catro cursos da ESO de 9,00 puntos ou superior.